jueves, 25 de julio de 2013

Mudámonos a unha web e máis novidades

Boas a todxs!

Hoxe, un ano despois de iniciar este proxecto, con máis de 6000 visitantes e o dobre de persoas no proxecto que no noso comezo estamos orgullosxs de anunciar o noso primeiro aniversario, vén cargado de novidades.

En primeiro lugar queremos anunciar a nosa nova páxina web onde continuaremos co proxecto que iniciamos con este blogue fai un ano. A nosa nova web tédela en www.hackliza.net. Desde Hackliza! Queremos agradecer ao noso amigo @marcoscars02 tanto o noso novo header como o nudo celta que nos arranxou para que sexa o noso logo e símbolo da nosa paixón polo software libre, programación, (in)seguridade informática,... o under en xeral.

En segundo lugar, queremos anunciar a publicación do Hackliza! Ezine que estrenaremos con un nº0, recompilando algúns dos temas tratados ao longo deste último ano. A partir do nº1 comezaremos a publicar entradas temáticas comezando practicamente desde 0 para compartir o coñecemento e que calqueira persoa con curiosidade se poida introducir neste mundo pouco a pouco. Tamén disporemos da sección 'noticias' dentro da nosa nova web que funcionará como o blogue, é dicer, servirá para anunciar tanto novidades na web, como noticias de importancia, publicacións de cousas novidosas ou non teña sitio no ezine, etc....

En terceiro e último lugar, pero non menos importante, desde o Staff de Hackliza! Queremos animar a todo o mundo a participar da comunidade xa sexa aprendendo, ensinando, preguntando, axudando a resolver dúbidas, ... e para iso poremos a vosa disposición, coa maior brevidade posíbel, un foro para que poidamos interactuar máis facilmente e ademais ir pondo en práctica ou ir resolvendo dudas dos e das que vaides seguindo os ezines. Calquer idea é benvida e agardamos que o foro poida darlle vidilla á esta comunidade.

Iso é todo por agora, moitas grazas por seguirnos durante este primeiro ano e anímadevos a participar!

Saúde!

No hay comentarios:

Publicar un comentario